Fariña considera que esta decisión do PSOE “deixe en saco roto os compromisos de mellorar o saneamento e os servizos públicos”
O BNG denuncia que, lamentabelmente, o PSOE volve a lanzarse, como xa fixo en 2021, aos brazos do PP para apoiar uns “orzamentos na sombra”, vía crédito extraordinario e suplemento de crédito, abandonando os compromisos que adquirira o PSOE, co seu alcalde Juan Manuel Rei á cabeza, co BNG e o pobo de Caldas en 2020.
Abandónanse así os compromisos adquiridos co BNG na negoción dos orzamentos de 2020 para mellorar o saneamento nas parroquias, e os servizos públicos, o que supón un verdadeiro mazazo para as necesidades dos veciños e veciñas de Caldas de Reis.
Desde o BNG, afirmou Fariña, “reiteramos o noso compromiso co noso pobo, e seguiremos sempre do lado dos veciños e veciñas traballando para mellorar o noso concello”..



