Tras o éxito da XIV festa da sementeira, celebrada no mes de maio onde acudiron mais de
10.000 persoas durante toda a fin de semana. A asociación cultural Quinta do Piñeiro, vai
celebrar o vindeiro día 30 de Outubro unha nova edición da Festa da esfollada e recolleita
do millo na área recreativa muiño da ponte, en Corzáns (Salvaterra de Miño).
Será un día cargado de actividades, as 11:30 comezará a recolleita e a esfollada do millo
acompañados do grupo Naiama. A sesión vermut virá amenizada polo grupo Pédëpôte;
Ademais, ao igual que en anteriores edicións a asociación ofrecerá unha serie de manxares
aptos para todos os públicos.
Xa na parte da tarde, os mais cativos serán os principais protagonistas xa que contarán con
animación infantil ao mesmo tempo que o grupo Naiama volverá a tocar outra vez.
Unha vez finalizada a actuación de Naiama, Romer dará unha charla con demostración
sobre o funcionamento dos muiños. Para finalizar un día de troula, Son das tabernas
volverán a poñer o broche final a un día cheo de troula, así mesmo dende a Asociación
faran un magosto con castañas gratis para todos os asistentes e Romer rematará a festa
con unha queimada e un conxuro.
Por todo iso, os membros da asociación cultural quinta do Piñeiro animan a todas as
persoas a pasar un domingo de troula e tradición con eles.



