Home Pontevedra Caldas COGAMI inicia en Cuntis un curso de expendedor de combustible no que...

COGAMI inicia en Cuntis un curso de expendedor de combustible no que se forman doce persoas con discapacidade

- Anuncio -

O curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou nas instalacións do centro de formación ocupacional A Ra do concello de Cuntis, un curso de Expendedor de Combustible no que se están a formar doce persoas con discapacidade recoñecida ou incapacidade laboral para a profesión habitual.

Esta formación é unha das accións que promove o programa Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de ofrecer oportunidades para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional.

As persoas que iniciaron o curso proceden dos concellos de Pontevedra, Marín, Cuntis, A Estrada, Moraña, Barro, Portas, Lalín e Silleda, e con idades comprendidas entre os 33 e os 51 anos. Todas asistirán a unha formación que comprende na totalidade 100 horas de duración, divididas nunha parte teórica de 30 horas, na que se inclúe o curso de manipulador de alimentos para facilitar as adquisición de habilidades e competencias necesarias para o desenvolvemento do posto. O resto, un total de 70 horas, serán prácticas que se realizarán en empresas da súa zona de residencia habitual, de cara a facilitar o contacto co tecido empresarial da contorna de busca de emprego, o que pode facilitar a súa inserción.

Relacionadas

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Publicacións Relacionadas