HomeA CoruñaA CoruñaO Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia constatou no 2021 un aumento dos...

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia constatou no 2021 un aumento dos asesoramentos escolares en materia de identidade de xénero

- Anuncio -spot_img

O Concello da Coruña é o único de Galicia que apoia, economicamente, a elaboración deste informe anual e de ámbito autonómico que recolle a asociación ALAS

Durante o ano pasado, constatáronse 354 atencións a 201 persoas diferentes a escala galega

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, acompañada por Pablo Zas, técnico da asociación ALAS, presentou hoxe en María Pita o balance anual colleitado polo Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, un proxecto promovido pola Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS) co apoio do Concello da Coruña.

Neira destacou “a importancia do traballo que realiza o Observatorio, que serve ao Concello para orientar as súas políticas co fin de conseguir unha cidade cada vez máis máis respectuosa coa realidade LGTBI”.

O informe presentado esta mañá, que se corresponde co balance do ano 2021, cifra en 354 as atencións totais recollidas polo Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia, a 201 persoas diferentes, e a escala galega. No referente ás atencións, isto supón un 40 % máis con respecto ao exercicio anterior, e tamén un incremento dun 76 % no número de persoas totais atendidas desde o Observatorio.

Ademais, e por segundo ano consecutivo, comproubouse que existe practicamente unha igualdade no número de homes e mulleres constatadas como persoas usuarias dos servizos do Observatorio. A maioría delas, de nacionalidade española, aínda que os datos de recollidos ao longo do ano 2021 amosan máis diversidade que en exercicios previos, chegando a sumar ata 15 nacionalidades.

Publicacións Relacionadas