- O doutor José Flores sinalou ao alcalde Jorge Cubela que se está a xestionar con especial fincapé a posibilidade de prestar atención médica de Atención Primaria en franxa de tarde no caso de non poder dispoñer puntualmente da dita atención facultativa en franxa matinal no centro de saúde de Cerdedo
- Reiterouse o firme compromiso do Servizo Galego de Saúde e da Xunta de Galicia de continuar con todas xestións administrativas posibles para acadar no menor período temporal a cobertura de vacantes médicas nos centros de Atención Primaria deste Concello
O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, mantivo esta mañá no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra unha xuntanza técnica co rexedor do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, na que se analizou a situación sanitaria desta localidade.
No transcurso deste encontro -que da continuidade á relación entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais- o doutor José Flores sinalou hoxe ao alcalde Jorge Cubela que se está a xestionar con especial fincapé a posibilidade de prestar atención médica de Atención Primaria en franxa de tarde no caso de non poder dispoñer puntualmente da dita atención facultativa en franxa matinal no centro de saúde de Cerdedo.
Neste senso, o doutor José Flores lembrou hoxe a Jorge Cubela o condicionante actual do paro cero nas especialidades de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitaria, de tal xeito que a ausencia destes profesionais para contratar supón unha importante dificultade de cobertura con continuidade neste Concello.
Continuidades das xestións para acadar a cobertura de vacantes
Non obstante, Flores Arias reiterou o firme compromiso do Servizo Galego de Saúde e da Xunta de Galicia de continuar con todas xestións administrativas posibles para acadar no menor período temporal a cobertura de vacantes médicas nos centros de Atención Primaria deste Concello.



