Cumprindo co compromiso adquirido no convenio de cesión do espazo asinado coa Asociación Viriato, o Concello de Neda levaba a cabo estes días as tarefas de desbroce e limpeza do parque micolóxico do río Belelle. Labores que se desenvolveron nunha superficie estimada de 7.800 metros cadrados situada no camiño da Fervenza, e de alto valor ecolóxico. No acordo de colaboración, asinado a primeiros de ano, establecíase a cesión de uso do parque a favor do Concello, e como contrapartida, este asumía o seu mantemento, con rozas semestrais na primavera e no outono, e un investimento anual cercano aos 1.500 euros.
Así mesmo, o Concello tamén avanza a intención de reeditar as xornadas micolóxicas en colaboración con Viriato, das que informará proximamente.



