HomeA CoruñaO prazo de solicitude de postos de venda de mel para poder...

O prazo de solicitude de postos de venda de mel para poder participar na Feira do Mel que organiza o Concello abrirá mañá

- Anuncio -spot_img

O Concello ultima os preparativos dunha nova edición da Feira do Mel, que se celebrará o día 23 deste mes no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, animou aos produtores da zona a inscribirse neste evento para participar e poder vender mel ou produtos elaborados con mel. “Esta feira suporá unha oportunidade de mercado e, ao mesmo tempo, de dar a coñecer á cidadanía a gran cantidade de produtores que hai en Narón e comarca”, asegurou Galego.

O concelleiro naronés informou que as persoas interesadas en participar como vendedores de mel ou derivados poden anotarse, de balde, dende mañá ata o vindeiro 14 de outubro ás 14.00 horas a través do correo electrónico: me.mendez@naron.es. Para facelo, deben facilitar o nome e apelidos da persoa vendedora, un número de DNI, unha dirección postal e un teléfono de contacto.

A Feira do Mel celebrarase o 23 de outubro en horario de mañá e tarde e ademais de postos de venda e expositores acollerá un variado programa dirixido ás familias que se está ultimando dende o Consistorio, tal e como avanzou Galego.

Publicacións Relacionadas