HomeA CoruñaUnha nova edición do curso de iniciación á lingua de signos impartirase...

Unha nova edición do curso de iniciación á lingua de signos impartirase na Pobra no 25 de outubro

- Anuncio -spot_img

Ante a boa acollida que tivo o curso de iniciación á lingua de signos no pasado ano, a Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, promove unha nova edición para o actual exercicio.

A adquisición de nocións básicas sobre a comunicación mediante a lingua de signos e o fomento da inclusión son os dous eixos desta acción formativa que presenta a concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), acompañada da orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez.

As clases impartiranse no 25 de outubro, dende as 10.00 ata as 14.00 horas, na aula multiúsos da Casa da Mocidade.

Dirixido a toda a cidadanía en xeral, o prazo de inscricións permanecerá aberto do día 6 ao 13, ambos inclusive. O trámite formalizarase no rexistro do Concello ou na sede electrónica, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achega-la copia do DNI. Establécese un límite de 25 prazas que se cubrirán pola orde de entrada. Máis información no teléfono de contacto 981377610.

Publicacións Relacionadas