HomeA CoruñaA rapazada da ESO do CPI San Sadurniño asiste á representación de...

A rapazada da ESO do CPI San Sadurniño asiste á representación de “Os nenos da varíola”

- Anuncio -spot_img

O alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI de San Sadurniño asistiu esta mañá na Casa da Cultura á representación da obra “Os nenos da varíola”. A peza toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partíu o 30 de novembro de 1803 do porto da Coruña.

Unha vintena de nenas e nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña foron levados aos territorios de ultramar como portadores dos anticorpos da varíola ou, dito doutra maneira, como portadores da vacina extraída das pústulas que se creaban despois de inocularlles unha versión pouco activa do virus.

A viaxe -unha das maiores xestas médicas da historia- foi convertida en novela de grande éxito pola xornalista María Solar e, posteriormente, en obra teatral pola compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego. No escenario puidemos ver a Isa Risco, Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis interpretando ata 11 papeis distintos dunha trama na que destaca a figura de Isabel Zendal, reitora da casa de expósitos que acabaría converténdose nun dos piares máis importantes da expedición.

A representación chegou a San Sadurniño da man do circuíto “Cultura en Igualdade 2022” da Deputación da Coruña.

Publicacións Relacionadas