HomePontevedraPontevedraO PP reúnese co sector dos repartidores e acordan propoñer medidas conxuntas...

O PP reúnese co sector dos repartidores e acordan propoñer medidas conxuntas que faciliten o seu traballo diario

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto coas concelleiras Pepa Pardo e Silvia Xunco, mantivo unha reunión con representantes deste sector loxístico, ao que se dedican preto dun centenar de persoas na cidade

Os cortes de rúas ao tráfico rodado, como o de Raíña Vitoria, ou próximas limitacións á circulación, foron os temas centrais do encontro: “O Concello debe favorecer esta actividade económica, non perseguila e dificultala”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto coas concelleiras Pepa Pardo e Silvia Xunco, mantivo un encontro con representantes dos repartidores da cidade. Tras analizar a situación actual deste sector, tanto Domínguez como os traballadores acordaron presentar un documento común que recolla unha serie de medidas que faciliten o traballo que desenvolve os repartidores e outros postos vinculados á loxística.

Preto dun centenar de persoas traballan só para plataformas de repartición a través de aplicacións. No encontro, algúns deles transmitiron aos populares as dificultades que atravesan para desenvolver o seu labor, poñendo en contraposición o exemplo doutras cidades da contorna onde se facilita o seu traballo. “A vosa tarefa é fundamental para a actividade económica da nosa cidade, xa que chegades onde ninguén máis o fai”, díxolles Domínguez, que agradeceu o traballo deste sector durante a pandemia, “de gran importancia e valor”.

Tanto o presidente dos populares como os repartidores acordaron traballar de maneira común para presentar un documento, que se debaterá no Pleno municipal, que recolla as principais medidas que se centren en “facilitar o seu labor diario, fundamental para outros sectores da nosa cidade, por exemplo a hostalería”.

Nos próximos días, ambos comezarán a plasmar estas medidas de maneira conxunta.

Publicacións Relacionadas