Home Pontevedra O Salnés O PP pide ao Goberno que explique por que está bloqueando en...

O PP pide ao Goberno que explique por que está bloqueando en Madrid o colector entre Vilanova e Tragove

- Anuncio -

• “Os concellos poñen a disposición os terreos, a Xunta ten un proxecto e ten investimento para facelo. E cal é o problema? Pois o de sempre, que o Goberno de Pedro Sánchez bloquea e veta en Madrid”, denuncia Javier Constenla.


• Gonzalo Durán denuncia unha “decisión arbitraria” en Madrid, coa que os primeiros sorprendidos foron os funcionarios de Costas en Pontevedra.


• “Hai que baixar ao terreo. Non se poden tomar decisións desde un despacho en Madrid sen coñecer cal é a realidade”, esixe Javier Tourís.

O Partido Popular presentará unha iniciativa no Congreso dos Deputados para preguntar por que o Goberno central está bloqueando en Madrid o proxecto para substituír a tubaxe de fecais que conecta Vilanova de Arousa coa EDAR de Tragove, en Cambados. Así o anunciou esta mañá o deputado do PP de Pontevedra, Juan Constenla, que se achegou ata a praia das Patiñas acompañado polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, o tenente de alcalde, Javier Tourís, e as concelleiras de Cambados, Sabela Fole e Silvia Fernández, onde hai só uns días unha avaría na tubaxe provocou un vertido na ría de Arousa.

“Presentaremos unha iniciativa no Congreso, preguntaremos que pasa con este permiso e por que hai un criterio diferente en Pontevedra e en Madrid”, anunciou Constenla, facendo referencia a que o proxecto está autorizado pola xefatura de Costas en Pontevedra e foi o mesmo servizo, en Madrid, o que bloqueou o permiso. “Estamos falando dun proxecto importante e urxente, e aquí dáse unha paradoxa pouco habitual. Os concellos poñen a disposición os terreos, a Xunta ten un proxecto e ten investimento para facelo. E cal é o problema? Pois o de sempre, que o Goberno de Pedro Sánchez bloquea e veta en Madrid”.

Os populares insistiron en que esta obra é fundamental “para estes concellos, para protexer a ría e para o sector mar-industria”. Explicaron que esta é unha instalación con moitos anos de antigüidade e que necesitan unha renovación urxente. “Non é a primeira rotura que se produce, e a medida que avance o tempo o deterioro será maior e os vertidos máis frecuentes”, engaden. Por iso, insisten en que “é unha obra necesaria para os tres concellos afectados e para un sector económico fundamental para esta ría. Están pendentes dun fío, en calquera momento pode haber outro vertido que paralice a súa actividade”.

Pola súa parte, Gonzalo Durán cargou duramente contra “a decisión arbitraria” que se tomou en Madrid, e recordou que todo o proxecto fíxose consensuado coa xefatura de Costas en Pontevedra, polo que con este bloqueo “os primeiros sorprendidos foron eles”. O informe de Costas de Pontevedra di, textualmente, que “este servizo estima que se cumpre o disposto nos artigos 60.2 b, 60.3 e 95.2 do vixente Regulamento de Cotas e que se pode acceder á concesión solicitada”.

Polo tanto, continúa o alcalde, “o que debería ter sido un mero trámite en Madrid, converteuse nunha sorpresa para todos”. Por iso, lamentou que se impida dar resposta a unha situación urxente e que estaba espertando as queixas de veciños de Cambados e de Vilanova de Arousa. “Nós fixemos os deberes. E despois de todos os esforzos, atopamos o veto en Madrid. Pero este episodio de contaminación, que afecta a toda a ría de Arousa, non vai ser algo puntual. Cada día que pasa o risco de contaminación vai ser maior. Onde están os ecoloxistas defendendo a ría? É lamentable que primen intereses partidistas á hora de defender o ecoloxismo nuns sitios fronte a outros”.

Nesta mesma liña pronunciouse o tenente de alcalde Javier Tourís, insistindo en que se vai perder un investimento de máis de 4 millóns de euros. “Contamos co permiso de Costas de Pontevedra, pero o proxecto está bloqueado en Madrid porque o Goberno central quere cambiar as tubaxes por toallas. Hai que baixar ao terreo. Non se poden tomar decisións desde un despacho en Madrid sen coñecer cal é a realidade”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas