A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense concedeu na súa sesión desta mañá un total de 7 licenzas urbanísticas para a execución de diferentes obras na cidade. Nesta reunión, a ordinaria desta semana, abordou un total de 32 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais:
Licenzas (8 expedientes)
A Xunta Local acordou conceder 7 licenzas:
licenza de obra de reforma interior dunha vivenda na rúa Bedoya;
licenza de obra para proxecto de legalización e obras de remate e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Antolín Losada Torvisco;
licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma da cuberta dun edificio da rúa Santo Domingo;
licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Saceda;
licenza urbanística de obra para o proxecto básico de ampliación dunha nave na estrada de Vigo;
licenza urbanística de obra para o proxecto básico de construción dunha vivenda unifamiliar no Polígono 160, Besada, Santa Mariña do Monte;
licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na Avenida de Bos Aires.
Tamén acordou conceder unha prórroga de 3 anos para o remate das obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa Poutás
Disciplina (1)
Impor unha multa coercitiva de 1.000 € a unha empresa por non cumprir o decreto de Urbanismo que ordenaba demoler ou retirar, nun prazo de 3 meses, unha porta de aceiro inoxidable ao inicio dun predio en Reza, por tratarse de obras contrarias ao ordenamento vixente e non legalizables. Requíreselle novamente para que o faga.
Patrimonio (4)
Desestimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial polas lesións sufridas por caídas (na rúa do Paseo e Nosa Señora do Cristal), por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
Estimar parcialmente, de acordo co Consello Consultivo de Galicia, unha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada polas lesións sufridas por unha caída na rúa Río Mao. Os danos valóranse en 1.643,2 € e, en consecuencia, apróbase e disponse o gasto.
Corrixir unha errata nun acordo dunha sesión anterior.
Contratación (3)
Acordar a segunda prórroga (por 1 ano) do contrato do servizo de xestión de visitantes e atención ao público dos servizos complementarios dos espazos expositivos da antiga sede do Banco de España e o claustro de San Francisco.
Acordar a prórroga por 1 ano dos contratos de subministración de carburante do Concello de Ourense (lotes 1 e 2).
Asuntos sociais (1)
Acordar o axuste de anualidades do contrato de servizo de Conserxería de centros cívicos, adxudicado o día 21 de xuño de 2022, para adecualo á data de inicio das prestacións.
Xestión económica e orzamentaria (1)
Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 19P/2022, utilizando a figura dos suplementos de crédito, para levar a cabo o proxecto de demolición parcial por execución subsidiaria dunha sentenza xudicial na Avenida de Pontevedra, número 13, por importe de 445.692,82 euros, con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais
O acordo elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación proposta.
Avogacía Consistorial (13)
Sentenzas
Do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, que desestima o recurso interposto por un particular en materia de responsabilidade patrimonial por danos e lesións causados por unha caída na Avenida de Zamora.
Do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, que estima parcialmente o recurso interposto por un traballador e declara o dereito a que se lle retribúan os pluses de festividade e nocturnidade durante o desfrute de permisos de paternidade. A sentenza estima o recurso baseándose en sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo.
Do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, que estima o recurso interposto por unha empresa en relación ás liquidacións efectuadas polo Concello polo Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.
Do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, que estima o recurso dun traballador que reclamaba que lle fosen retribuídas como horas extraordinarias as horas traballadas en exceso en relación coa xornada legal máxima anual. A sentenza estima o recurso baseándose nas sentenzas firmes ditadas polos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e número 2 e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, que desestima un recurso contra unha sanción de 500 euros imposta polo Concello por incumprimento do horario durante a crise sanitaria provocada pola COVID-19.
A sesión deu conta tamén dun auto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, que declara terminado un procedemento por desistir a parte recorrente, e un decreto do mesmo xulgado de desistencia nun recurso en materia tributaria por solicitude da demandante.
Comparecencias
Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer:
diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, no procedemento abreviado en materia de reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos causados no vehículo pola caída dunha póla dunha arbore no Parque San Francisco Blanco;
diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, nun procedemento abreviado en materia de reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos causados por filtracións na Avenida de Marín;
diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, nun procedemento abreviado en materia de recursos humanos;
diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario interposto por unha empresa en relación co imposto de actividades económicas;
diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, no procedemento ordinario interposto por unha empresa en materia de publicidade;
diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, nun procedemento ordinario relativo á denegación dunha licenza de acometida de saneamento.



