Home A Coruña O Concello das Somozas participará por vez primeira no programa ‘Vilas en...

O Concello das Somozas participará por vez primeira no programa ‘Vilas en Flor’

- Anuncio -

• Trátase dunha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes.

O Concello das Somozas participará por vez primeira no programa ‘Vilas en Flor’, impulsado pola Fundación Juana de Vega, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes.

É un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestructura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos.
As “Flores de Honra”, que abranguen cinco niveis, son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo criterio dun xurado especializado formado por persoas expertas de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
Ao longo do último trimestre do ano un xurado realizará as visitas a todos os concellos participantes e decidirá cales son merecedores de algunha distinción así como de subir ou baixar o número de flores que alcanza cada concello ata un máximo de cinco. Esta semana, os representantes da Fundación visitaron As Somozas para avaliar os méritos cos que o Concello concursará por primeira vez neste programa.
O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, sinalou a “importancia” de que un municipio como As Somozas “sexa escollido para participar nunha iniciativa de tanto calado a nivel social en toda a comunidade galega”, e amosou “orgulloso que se recoñeza, xa só participando, as tarefas que se realizan ao longo do ano en materia de conservación e posta en valor de xardíns e espazos naturais municipais”.

Relacionadas

A praia da Ribeira recupera a Bandeira Azul e Miño contará con dous areais...

0
● Súmase ao areal de Perbes – Andahío, que repite presenza na lista. ● O Concello de Miño subliña a gran calidade de todos os...

Concedidas seis prazas á Pobra para os Campamentos Deportivos de Verán provinciais

0
Un ano máis, a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal participa nos Campamentos Deportivos para o verán promovidos pola Deputación da Coruña. Este...

O Concello da Pobra aproxímalles Luísa Villalta ás crianzas da infantil en formato de...

0
Os/as escolares da Pobra do Caramiñal xa recibiron o agasallo polo Maio das Letras Galegas de 2024, consistente en cadanseu caderno con lapis de...

O Concello adxudica a renovación da Praza dos Estudantes

0
O Concello de Ribeira ven de adxudicar a renovación da Praza dos Estudantes de Ribeira cun orzamento de 82.227,20 euros un prazo de execución...

Neda conmemorará o Día das Letras Galegas con propostas culturais para todos os públicos

0
O Concello de Neda vén de pechar a súa programación especial con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora, música...

O Concello abre este mércores o prazo de presentación de candidaturas para a XXII...

0
Neda premiará un ano máis aos mellores deportistas do municipio. O goberno local comeza os preparativos da que será a XXII Gala do Deporte...

Publicacións Relacionadas