O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, expuxo que o atraso na firma do documento pon de manifesto “a insolvencia dun Goberno esgotado”: “Trátase doutro contrato que se eterniza, cunha infinidade de prórrogas”
Dous informes independentes din que Pontevedra ten a segunda taxa de lixo máis caro de España: “En Oviedo, referente nacional, os seus cidadáns pagan pouco máis de 60 euros. Aquí pagamos máis do dobre e a cidade está sucia”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, compareceu este xoves para valorar as novidades do futuro contrato de residuos da cidade. O popular sostén que a situación, “coa cidade obxectivamente sucia”, pon manifesto a “incapacidade dun Goberno local esgotado de sacar adiante un novo contrato de xestión de lixos”.
Domínguez incidiu na falta concreción nos anuncios contrato: “Escoitamos varias veces que lla licitación produciríase inminentemente e vimos como se foi prorrogando unha vez tras outra. É o claro exemplo da clara e absoluta insolvencia do concelleiro responsable, do seu grupo municipal e, por suposto, do alcalde, que é o máximo responsable desta situación”.
Estas prórrogas, para o popular, “teñen un efecto moi prexudicial para Pontevedra”. En primeiro lugar, “e é algo objetivable que todo o mundo pode ver, a cidade non ten a limpeza que se merece”. Domínguez ha enumero diferentes puntos da cidade onde se visibiliza este problema: “As parroquias están abandonadas, os barrios sucios e asistimos incrédulos a como o centro da cidade, especialmente o centro histórico, non ten as condicións adecuadas de limpeza”.
Domínguez relaciona este escenario a que estamos “a traballar cun contrato de hai máis de 20 anos, que non está adecuado á actualidade”.
En segundo lugar, Domínguez reclama ao Concello que cada vez “imos ter que gastar moitísimo máis diñeiro do que tiñamos pensado”. “Se no ano 2018 o diñeiro destinado polo Concello para limpeza era de 6,2 millóns de euros e fai menos de seis meses falábase de que o contrato ía ser de 10,7 millóns de euros, agora sorpréndenos que se fale de 11,7 millóns de euros”, destacou o popular. “O contrato vai custar decenas e decenas de millóns de euros máis e a cidade cada vez está máis sucia”.
Neste sentido, Domínguez recalcou a súa proposta de poñer en marcha a recolleita porta a porto, o modelo de Oviedo, a cidade máis limpa de España segundo o último informe da OCU. Ademais, dous informes independentes din que Pontevedra ten a segunda taxa de lixo máis caro de España: “En Oviedo, referente nacional, os seus cidadáns pagan pouco máis de 60 euros. Aquí pagamos máis do dobre e a cidade está sucia”.



