HomeO MorrazoMarínXII Edición Carreira Pinga Pinga

XII Edición Carreira Pinga Pinga

- Anuncio -spot_img

Esta edición terá lugar o vindeiro sábado 8 de Outubro e a mesma empezará cunha Andaina Popular (dous circuítos a elixir de 5km e 8km) cuxa saída está prevista para as 16.05 e posteriormente as carreiras dos menores ata as 17.00, hora na que terá lugar a carreira de maiores.

HOMENAXEADA E PARTICIPACIÓN

Seguindo coas homenaxes a Deportistas olimpicos galegos (David Cal, Teresa Portela, Begoña Fernández, Támara Echegoyen, Susana Rodríguez Gacio….), este ano a homenaxeada será a moza Antía Jácome, 5a en os pasados JJOO, Subcampena do mundo e campioa de Europa de Piragüismo.

A falta de pechar inscricións hai preto de 700 participantes rexistrados, polo que, tras 12 anos, a carreira conságrase como un evento fundamental dentro do panorama Atlético galego.

A ANDAINA

Os dous circuítos da andaina (8km para os máis atrevidos e 5km para os máis prudentes) discorrerán por lugares fermosos da zona de Santomé, onde o río, a montaña, os muíños e as maceiras cheas de mazás serán a paisaxe habitual dos andarines

AGASALLOS E PREMIOS PARA TODOS

Haberá avituallamiento para todos, medallas para os máis pequenos e camisetas, trofeos e premios en metálico para a carreiras de maiores.

A NOVIDADE

Nesta XII edición a Organización quixo incluír unha novidade, e para iso haberá un tramo cronometrado, que non será outro que o tramo de subida que vai ata a fonte que dá nome á carreira (Fonte dá Pinga Pinga), e cuxos mellores tempos na subida (só na subida) recibirán un premio (masculino e feminino).

INSCRIPCION

Parte da inscrición de maiores (as de menores serán gratuítas) doaranse á AECC (Asociación Española contra o Cancro) e o prazo de inscrición de todas as categorías pecharase o mércores 5 de Outubro.

FESTA DA SIDRA

A carreira terá lugar coincidindo coa festa da sidra e a mazá, polo que, non só será un día de deporte, se non que tamén haberá diversión e gastronomía para corredores e familiares alí desprazados.

Publicacións Relacionadas