HomePontevedraCaldasO BNG denuncia o abandono por parte do concello de Caldas das...

O BNG denuncia o abandono por parte do concello de Caldas das instalacións educativas

- Anuncio -spot_img

Manuel Fariña: “é lamentábel o estado dos colexios do rural, e que o concelleiro responsábel non conteste nin sequera ao teléfono”

O portavoz municipal do BNG en Caldas, Manuel Fariña, denunciou que, a pesar de que o mantemento das instalacións é competencia municipal, os colexios do rural de Caldas de Reis están totalmente abandonados por parte do goberno municipal.

Así, o colexio de Carracedo ten portas cheas de couza, billas oxidadas e algunha aula co solo de corcho totalmente estragado; mentres no de San Andrés, non está o columpio, e a porta, que levaba meses con cristais rotos, está agora totalmente inservíbel e precísase unha nova; e nas catro escolas, os areeiros están sen area.

“É esta a maneira coa que o PSOE defende a educación pública? É isto o que merecen os nenos e as nenas do noso rural? Xa basta de tanta deixadez, de tanto abandono. Póñanse a traballar, que xa chegan tarde”, afirmou o portavoz nacionalista.

Fariña lembrou que a Dirección do Consello Escolar se puxo en contacto co BNG para denunciar estes feitos, logo de que co concelleiro responsábel non atenda ás súas chamadas nin as súas mensaxes.

Publicacións Relacionadas