HomeO MorrazoMarínO xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e a...

O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e a alcaldesa de Marín analizaron no concello as melloras para a cobertura de Atención Primaria nesta localidade

- Anuncio -spot_img
  • José Flores e María Ramallo mantiveron un encontro no consistorio marinense, onde quedou patente o compromiso da Administración Sanitaria Pública galega de continuar coas xestións administrativas para acadar no menor período temporal novas coberturas de vacantes médicas no centro de Atención Primaria deste Concello
  • Tamén se lembrou que dous novos médicos especialistas de Atención Primaria provenintes da Oferta Pública de Emprego, realizada recentemente pola Xunta de Galicia, elexiron incorporarse ao servizo no centro de saúde do Concello de Marin

O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, mantivo esta mañá no Concello de Marin unha xuntanza técnica coa rexedora deste consistorio, María Ramallo, na que analizaron conxúntamente as melloras para a cobertura de Atención Primaria nesta localidade.

No transcurso deste encontro -que da continuidade á relación entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais- o doutor José Flores refrendou a María Ramallo o compromiso da Administración Sanitaria Pública galega de continuar coas xestións administrativas para acadar no menor período temporal novas coberturas de vacantes médicas no centro de Atención Primaria deste Concello.

Neste senso, lembrouse o condicionante actual de carencia de efectivos nas especialidades de Medicina Familiar e Comunitaria así coma de Pediatría, de tal xeito que a ausencia destes profesionais para contratar supón unha dificultade de cobertura con continuidade neste Concello.

Non obstante, tamén se lembrou no encontro de hoxe que dous novos médicos especialistas de Atención Primaria provenintes da Oferta Pública de Emprego, realizada recentemente pola Xunta de Galicia, elexiron incorporarse ao servizo no centro de saúde do Concello de Marin.

Xuntanza con profesionais de Atención Primaria
Tras o encontro celebrado no Concello marinense, José Flores -quen estivo acompañado pola directora de Atención Primaria, Marta Ocampo e pola subdirectora de ordenación farmacéutica da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Nuria Iglesias- mantivo no centro de saúde unha xuntanza técnica con profesionais de Atención Primaria, onde se perfilaron novas iniciativas asistenciais e de mellora organizativa interna que repercutan nunha mellor prestación sanitaria pública no Concello de Marín.

Publicacións Relacionadas