Home O Salnés Meis Luis López reúnese coa xunta local de Meis

Luis López reúnese coa xunta local de Meis

- Anuncio -

● Agradece o traballo e a traxectoria de José Luis Pérez, dedidaca en pleno a mellorar a calidade de vida e benestar dos seus veciños.

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, reuniuse onte pola noite coa xunta local do partido en Meis, dentro da rolda de encontros que está mantendo por toda a provincia.

Ademais, era a primeira reunión do partido local despois de que o ex alcalde, José Luis Pérez, renunciase á acta de concelleiro tras 27 anos na corporación local, 20 deles como alcalde. López amosou o seu agradecemento, e o de todo o partido, “por tantos anos de traballo e dedicación, pola súa traxectoria ao fronte do PP de Meis e do concello. Toda unha vida dedicada en pleno a mellorar a calidade de vida e benestar dos seus veciños”.

Ademais, López pediu a todos os afiliados traballar unidos e de xeito comprometido para recuperar a confianza da cidadanía en maio. “Aquí non sobra ninguén, todos somos necesarios. Os que están en primeira liña, pero tamén cada un dos nosos afiliados e simpatizantes. Sodes a forza do noso partido, o partido que sente, entende e atende as necesidades dos nosos veciños”.

Tras a renuncia de Pérez, a concelleira Marta Lucio será a voceira do grupo municipal e Carlos Laíño tomará posesión como edil no pleno próximo.

Relacionadas

O festival Cinema a Pedal anuncia as datas da súa terceira edición

0
• O festival de cinema, deporte e medio ambiente 'Cinema a Pedal', único en toda España, regresa a Nigrán os días 12, 13 e...

Cuntis levará ao vindeiro pleno a nova ordenanza reguladora para o Servizo Municipal...

0
∙ As taxas a aplicar terán en conta factores como o número de efectivos que actúan nas intervencións, o material empregado, o tempo invertido...

O BNG oponse a que o Concello de Vigo venda a “prezo de saldo”...

0
A fronte nacionalista vota en contra do convenio coa promotora privada e esixe que os aproveitamentos urbanísticos se destinen á promoción directa de vivenda...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal,...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres...

O PP propón rehabilitar a área recreativa da rúa dá Gándara

0
• Junco e Martínez piden “mellorar unha das zonas de paso máis transitadas polos peregrinos que saen de Pontevedra cara a Santiago polo Camiño...

O BNG alerta sobre a proposta do PP de construción dunha Plataforma loxística...

0
A portavoz de industria do PP no parlamento galego, Cristina Sanz,  defendeu na comisión parlamentaria celebrada o pasado 2 de maio  a construción dunha...

Publicacións Relacionadas