Home Verín Cualedro A Deputación colabora co Concello de Cualedro na mellora dos servizos públicos,...

A Deputación colabora co Concello de Cualedro na mellora dos servizos públicos, infraestruturas e vivenda social

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero

Manuel Baltar comprometeu o apoio a catro iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: un punto limpo para os concellos de Cualedro, Trasmiras e Monterrei; unha obra de abastecemento de auga en Lucenza; a mellora do acceso ao espazo adicado á práctica do parapente na Serra do Larouco e a implicación do goberno provincial nun proxecto de vivendas sociais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños,

O presidente do goberno provincial valorou como “extremadamente satisfactoria” unha reunión na que se pecharon novos acordos para seguir reforzando a colaboración con Cualedro: “No noso ADN está a cooperación cos concellos. Somos a administración máis próxima á realidade municipal, e cada encontro cun alcalde permite avanzar na mellora da atención aos veciños, reafirmando a nosa aposta por blindar os servizos públicos en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”.

Manuel Baltar garantiu esta mañá o apoio da Deputación ao avance na construción do punto limpo para atender a Cualedro, Trasmiras e Monterrei, e que tamén conta co respaldo da Xunta de Galicia. “Unha obra importante no eido medioambiental e que atenderá as necesidades da veciñanza destes tres concellos”, resaltou o titular do goberno provincial.

O presidente da Deputación tamén comprometeu a Luciano Rivero a implicación do goberno provincial noutros tres proxectos presentados esta mañá polo rexedor: unha obra de abastecemento de auga en Lucenza; as melloras dos accesos ao espazo adicado á práctica do parapente na Serra do Larouco -“un eixo estratéxico para a zona e co que tamén colaboramos co Concello de Baltar”, sinala Manuel Baltar”- e unha iniciativa de vivendas sociais que está a ser perfilada polo goberno municipal xunto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e na que a Deputación asumirá a partida do Concello.

“Son proxectos básicos para o futuro de Cualedro e que, por suposto, contarán coa máxima implicación da Deputación de Ourense”, destaca Manuel Baltar, que realza “o traballo de Luciano Rivero en Cualedro, cun potente liderado construído con xestión e en permanente procura de novos proxectos para os veciños”.

Relacionadas

Pazolandia consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal con máis de 3.000...

0
As familias volven apostar polo programa de ocio da Deputación de Ourense, un clásico destas datas festivas que ademais mantén os prezos do ano...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

Larouco convértese na capital da música tradicional co concerto de Nadal da Real Banda...

0
A Escola Provincial de Gaitas celebra a súa actuación mañá, a partir das 18.30 horas, cunha homenaxe a cantora Blandina González Rodríguez, de Cotarós...

A Deputación leva este xoves a Arbo, Baiona e Salceda de Caselas o circuíto...

0
“Lúa quere viaxar a… Marte” de A Xanela do Maxín chegará ás 11:00 horas á biblioteca municipal de Arbo mentres que á praza do...

A Deputación leva este xoves a Moraña o circuíto +Escénicas con “O Apalpador e...

0
O espectáculo de teatro familiar poderá verse de balde ás 20:00 horas no auditorio do edificio multiúsos +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial,...

Publicacións Relacionadas