HomeBaixo MiñoA GuardaO PP recurre a mentira para ocultar os seus apaños co PSOE

O PP recurre a mentira para ocultar os seus apaños co PSOE

- Anuncio -spot_img

Anxo Baz “A desesperación do PP é tal que chegan a inventar que o BNG é socio de goberno de Antonio Lomba cando toda A Guarda sabe que non é verdade”

O PP da Guarda trata de desviar a atención sobre os apaños aos que chega co PSOE repetindo permanentemente a mentira de que “o BNG é socio de goberno de Antonio Lomba”, a pesar de que todo o pobo da Guarda sabe que o BNG non forma parte do goberno municipal.

Esta maneira tan absurda de proceder do PP, é unha mostra clara da desesperación e nerviosismo do líder do PP por ocultar a veciñanza os acordos vergoñentos e contrarios aos intereses dos guardeses e guardesas aos que chega co PSOE de Antonio Lomba.

O PP da Guarda é cómplice co goberno do PSOE de intentar eliminar 12.000 m² de solo público para equipamentos, zonas verdes e aparcamentos no entorno do antigo campo de fútbol do Trega (PERI 5). Tamén son cómplices do goberno de Antonio Lomba en atrasar e ter paralizado o acceso sur ao porto da Guarda a pesar das advertencias do BNG.

O cinismo do portavoz do PP, ponse de manifesto unha vez máis cando acusa ao BNG da inoperancia do goberno do PSOE na xestión da piscina. Dase a circunstancia ademais que fronte ao silencio do PP neste asunto no último pleno, o BNG demandou explicacións ao goberno municipal.

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz manifesta “ a ausencia de proxecto do PP e do PSOE para a Guarda coinciden plenamente. Carecen dun deseño alternativo e de futuro para o pobo da Guarda e a política do PP consiste en tratar de distraer a veciñanza para tapar as súas falcatruadas”.

Publicacións Relacionadas