• A mostra de dinosaurios animatrónicos “Dinosauria Experience” estará instalada na rúa Leandro Diz, o sábado 15 e o domingo 16 de outubro, de 11 a 14 h e de 17 a 20 h.
O Porriño, 11 de outubro de 2022.- A gran exposición de dinosaurios animatrónicos “Dinosauria Experience” chega ao porriño esta fin de semana con máis de 30 dinosaurios e o grandioso T-rex branchiosaurus xigante de máis de 10 m de altura.
A mostra estará instalada na rúa Leandro Diz, o sábado 15 e o domingo 16 de outubro, de 11 a 14 h e de 17 a 20 h. A entrada será gratuíta para os menores de 3 anos, a 6 € para os nenos e nenas de 3 a 12 anos e 10 € para adultos. As entradas cómpranse directamente no despacho de billetes do recinto os días de apertura.
Achegádevos ao Porriño a descubrir o maravilloso mundo dos dinosaurios



