HomeVigoBaionaO Bloque Nacionalista en Baiona aposta polos Servizos Municipais

O Bloque Nacionalista en Baiona aposta polos Servizos Municipais

- Anuncio -spot_img

Considera urxente a derogación das Leis do Estado Español que impiden a
contratación de persoal municipal para dar un servizo público de calidade.

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona considera a xestión pública directa da
administración e dos servizos públicos como a fórmula que mellor garante o funcionamento
de calidade e interese público da veciñanza.

A problemática da xestión municipal dos servizos públicos non son as traballadoras e os
traballadores son as Leis do Estado que implantou o Partido Popular no goberno de M.Rajoy,
nomeadamente a chamada “Lei Montoro”, que impide e/ou limita á contratación de emprego
público destinado á creación, reforzo e ampliación de servizos públicos locais.
Esta lexislación obriga ao noso Concello a un elevado gasto municipal para contratar
empresas privadas que dean o servizo público.

Estes concursos e licitacións teñen que ser por servizos determinados e puntuais
o que encarece o seu custe. Ademais do tempo de traballo que supón as traballadoras e
traballadores do Concello para preparar os pregos de condicións, contratacións, etc…
O B.N.G. de Baiona aposta e considera como solución para mellorar os servizos públicos
municipais a derogación das Leis estatais que impiden a contratación de persoal para poder
dar un servizo público municipal e de calidade.

Xa que logo, solicitamos ao actual goberno do Estado que de xeito urxente derogue a “Lei
Montoro” porque non favorece os intereses das Baionesas e Baioneses.

Publicacións Relacionadas