A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu conta na súa sesión desta mañá de 15 expedientes presentados polos diferentes servizos municipais. Nesta reunión, que é a ordinaria desta semana, aprobou acordos en materia de Licenzas, Patrimonio, Contratación. Recursos Humanos, Servizos Xerais, Xestión económica e Avogacía Consistorial
Licenzas (4)
Estimar 2 solicitudes de particulares e declarar a innecesaridade de licenzas urbanísticas de segregación dunha parcela na rúa Carriarico e doutra na rúa Guizamonde
Conceder licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma dun edificio para 2 vivendas na rúa Río Támega
Conceder licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Bonhome
Patrimonio (4)
Desestimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares por lesións sufridas por caídas nas rúas Ribeiriño, Xoán de Nóvoa, e Cabeza de Manzaneda. Desestímanse as 3 porque non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
Tamén deu conta doutra reclamación por lesións sufridas na rúa Santo Domingo. Neste caso, elévase ao Consello Consultivo de Galicia, a proposta de desestimar a reclamación.
Contratación (2)
Aprobar o expediente para contratar o servizo de mantemento das bases de datos Oracle do Concello de Ourense, coa correspondente aprobación das cláusulas administrativas e técnicas, por 2 anos, cun orzamento total de 9.750,18 € por ano
Acordar a prórroga, por 1 ano, do contrato do servizo de xestión do centro de visitantes do parque de Montealegre.
Servizos xerais (2)
Aprobar o gasto de 16.740,33 euros, pola subministración de vestiario para 18 novos axentes en prácticas na Policía Local, que se incorporaron desde a Academia Galega de Seguridade.
Aprobar e dispoñer o gasto de 1.115,08€, en concepto de aboamento de 2 mensualidades do contrato de alugueiro dun local na rúa Arcedianos para o aloxamento das seccións sindicais do Concello.
Xestión económica e orzamentaria (1)
Aprobar unha relación de facturas (aprobación do gasto, da súa disposición e do recoñecemento da obriga), por un importe total de 5.128,12€ correspondentes a gastos realizados no exercicio 2021 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio
Persoal e Recursos humanos (1)
Aceptar a renuncia presentada por María Álvarez Alvar como Directora Xeral de Recursos Humanos
Avogacía Consistorial (2)
Dar conta do Decreto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Ourense, que dá por terminado o procedemento interposto polo Concello por danos a bens de titularidade municipal, por importe de 1.232,64 euros, xa que a cantidade reclamada xa foi pagada polo actor.
Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, no procedemento abreviado relativo a unha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos causados nun vehículo como consecuencia do impacto dun xabaril na estrada Camiño Real de Canedo



