HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén busca o arbitrio da Xunta ante a negativa de...

Pazos de Borbén busca o arbitrio da Xunta ante a negativa de Redondela a reabrir o tráfico cara o polígono de Amoedo

- Anuncio -spot_img
  • O goberno local cre que se non se está aplicando correctamente a normativa e que se prexudica a empresas de toda a comarca
  • O Concello de Pazos de Borbén está decidido a loitar pola reapertura do tránsito de vehículos pesados polo centro de Redondela #ante a negativa da súa alcaldesa para chegar a ningún tipo de acordo. Unha decisión que desde o consistorio pacense cualifican como “incomprensible” xa que, segundo indican desde o goberno local, tamén prexudica a empresas e veciños do propio municipio de Redondela.
  • Así, o alcalde, Andrés Iglesias, explicou que, #ante a negativa de Redondela, están a buscar todas as solucións e alternativas posibles para reverter unha situación que “afecta a empresas de toda a comarca. Estamos a falar coa Consellería de Infraestruturas e con varios departamentos para saber se isto está ben feito e como podemos recorrer. Utilizaremos calquera argumento posible para protexer os empregos dos nosos veciños contra esta imposición”, concluíu o alcalde.
  • Do mesmo xeito, o rexedor indicou que “a alcaldesa está a prexudicar ás súas propias empresas e veciños. Hai empresas en Reboreda, fóra do centro urbano, que tamén están afectadas polo peche”, lembrou Iglesias, que engadiu que “Se esas empresas poden circular en tránsito polo centro urbano, as nosas tamén teñen que poder facelo. Estaremos vixiantes por se iso pasa e hai un posible trato de favor”.
  • Po último, Iglesias quixo lembrar á súa homóloga redondelana que, “As urbes poden ser todo o amables que queiran coas persoas, pero o que non poden facer é tomar decisións absurdas que destrúan o emprego desas mesmas persoas”, indicou Iglesias, que finalizou apuntando que “se seguimos así, terán unhas beirarrúas enormes polas que só pasearán persoas en paro”.
    Estrada Amoedo-Vos Valos
  • Iglesias tamén explicou que se están realizando avances no proxecto de reforma da EP-2702 tras a reunión da pasada semana co Deputado provincial de Infrestructuras, Gregorio Agis, pero lembrou que esta vía non pode asumir o tráfico da estrada autonómica “nin por trazado, nin por capacidade. O único que facer é reducir a seguridade viaria dunha estrada que xa está en malas condicións”.
  • Neste sentido, o rexedor quixo lembrar á alcaldesa de Redondela que a EP-2702 é “unha estrada provincial e non está concibida para soportar o tráfico pesado. Hai curvas polas que é imposible que circule un camión sen invadir o carril contrario. Para iso arranxouse a autonómica hai poucos anos”. Ademais, Iglesias cualificou a proposta de desviar por ela o tráfico pesado do polígono como “unha temeridade froito do descoñecemento”.

Publicacións Relacionadas