HomeXunta de GaliciaNava Castro reinvindica a importancia do recoñecemento ás contribucións das mulleres rurais...

Nava Castro reinvindica a importancia do recoñecemento ás contribucións das mulleres rurais galegas á nosa sociedade

- Anuncio -spot_img

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no “II Foro da Muller Rural Galega” que tivo lugar no Pazo do Mosteiro de Tomiño

 Esta iniciativa constitúe un lugar de encontro no que as protagonistas comparten experiencias e visibilizan a realidade que están a vivir

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reivindicou hoxe a importancia do recoñecemento ás contribucións levadas a cabo polas mulleres no eido rural no marco do “II Foro da Muller Rural Galega”.

A directora de Turismo de Galicia indicou que mediante esta iniciativa pretÉndese dar voz a todas as mulleres que apostan por formaR parte do rural así como darlle recoñecemento ao traballo que levan a cabo neste eido, servindo o foro como lugar de encontro no que as protagonistas comparten experiencias e visibilizan a realidade que están a vivir.

Nava Castro gabou a labor das mulleres rurais, que non só contribuíron a construír Galicia, senón que trasladaron a este territorio os seus propios valores, porque segundo indicou “posiblemente unha das achegas máis importantes da muller rural a Galicia é, precisamente, o seu propio exemplo. Ese exemplo de tantas mulleres decididas, valentes, versátiles que transferiron o seu carácter emprendedor a outras xeracións de mulleres”.

O Pazo do Mosteiro de Tomiño foi o escenario no que hoxe se deron cita as 14 protagonistas deste acto, onde explicaron as situacións e os retos aos que se enfrontan liderando proxectos rurais nos 13 concellos de EuRural. A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural ten as súas orixes nos Programas de Desenvolvemento Rural que se veñen desenvolvendo no noso territorio dende finais dos anos 90 a través dos Programas Proder e Leader.

Publicacións Relacionadas