Home O Ribeiro Cenlle O alcalde de Cenlle presenta a súa renuncia á Alcaldía por motivos...

O alcalde de Cenlle presenta a súa renuncia á Alcaldía por motivos persoais

- Anuncio -

· O grupo popular recoñece o firme compromiso e a responsabilidade de Rodríguez Lamas, que seguirá traballando a prol da veciñanza como concelleiro e tamén a nivel orgánico, integrado na xestora do PP de Cenlle

· Rebeca Sotelo Fernández, ata hoxe primeira tenente de alcalde e presidenta da xestora, asume o bastón de mando e o liderado do Partido Popular de Cenlle ata as vindeiras eleccións municipais de maio de 2023

José Manuel Rodríguez Lamas, alcalde do Concello de Cenlle, renunciou esta mañá nun pleno extraordinario á seguir desempeñando o cargo debido a problemas persoais. Nunha nova mostra do súa implicación con Cenlle, o ex rexedor mantén o seu compromiso de seguir a traballar a prol do benestar da veciñanza dende a súa posición de concelleiro.

Neste sentido, o grupo popular de Cenlle recoñece o importante labor desempeñado por José Manuel Rodríguez despois de acceder á Alcaldía en plena pandemia, e agradece o seu firme compromiso e responsabilidade renunciando ao cargo e poñerse á disposición do partido. Rebeca Sotelo, ata hoxe primeira tenente de alcalde, asume o bastón de mando co obxectivo, explica, de seguir a liña de traballo marcada por Rodríguez Lamas.

Os populares de Cenlle salientan a implicación de José Manuel Rodríguez cos intereses do municipio, e de aí a súa disposición para seguir traballando dende o seu mencionado rol de concelleiro así como tamén a nivel orgánico integrado na nova xestora dos populares, presidida por Rebeca Sotelo. Un órgano que ten como obxectivo preparar as próximas eleccións municipais e seguir avanzando no futuro de Cenlle.

REBECA SOTELO LIDERARÁ O PP DE CENLLE ATA AS MUNICIPAIS

Rebeca Sotelo Fernández liderará o PP de Cenlle ata as vindeiras municipais de maio de 2023. Sotelo Fernández ten 35 anos e é empresaria do sector vitivinícola. Dende o pasado 5 de outubro preside a xestora do PP de Cenlle; xestora da que tamén forman parte José Manuel Rodríguez, o resto de concelleiros populares e os exalcaldes Gabriel Alén e Manuel García Montero, este último nomeado presidente de honra.

Todos manifestan o seu profundo interese e implicación en seguir traballando coa mesma ilusión de sempre e seguir reforzando a folla de ruta dos populares neste municipio, a fin de acadar un extraordinario resultado nas eleccións de maio de 2023, que permita ao equipo de goberno popular seguir consolidando o potencial turístico e o benestar da veciñanza de Cenlle.

IMPORTANTES LOGROS ACADADOS NOS ÚLTIMOS ANOS

O grupo municipal do PP de Cenlle lembra os importantes logros acadados nos últimos anos. Fitos tan importantes coma o bombeo do Miño, que garante auga de xeito permanente a pesar da seca, ou a renovación das luminarias LED en todo o municipio, para avanzar na eficiencia enerxética e loitar contra o cambio climático e a alza de prezos da enerxía. Ademais, dentro dos obxectivos de goberno acadados recentemente en Cenlle sobresaen o paseo fluvial ou a aposta polo termalismo e pola recuperación dos núcleos despoboados e as terras abandonadas.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Publicacións Relacionadas