HomePontevedraPardo sostén que a falta de implicación do BNG e do PSOE...

Pardo sostén que a falta de implicación do BNG e do PSOE co Mercado “terminou por matar o gastroespacio”: “É un desenlace fatal para un sitio único”

- Anuncio -spot_img

A concelleira do PP de Pontevedra Pepa Pardo detallou que xa só funcionan tres dos 14 establecementos que abriron neste espazo: “É outro exemplo máis da pésima xestión que caracteriza a este Goberno local”

Pardo presentou hai un ano un plan para dinamizar o Mercado de Abastos e corrixir unha serie de deficiencias e, a pesar de que o Goberno local admitiu a necesidade de melloras, BNG e PSOE votaron en contra da proposta

A actual imaxe da primeira planta do Mercado de Abastos é “desoladora”, para a edil Pepa Pardo. Son as 14.00h, “e só unha mesa está ocupada e, dos catorce establecementos que abriron (dun total de 30 espazos dispoñibles), só quedan tres funcionando”. A concelleira do Partido Popular advertiu hai un ano de que o gastroespacio estaba nas súas horas máis baixas e presentou un plan integral para para dinamizar o Mercado de Abastos.

Pardo propuxo unha batería de melloras e advertiu ao Goberno local da “pésima situación do espazo”. BNG e PSOE admitiron a necesidade de actuar no Mercado, pero ambos votaron en contra da proposta. Os socialistas mesmo confirmaron a existencia de reunións con técnicos para analizar as deficiencias da Praza, pero, un ano despois, “non se investiu nin un só euro en acometer melloras e non temos constancia de máis reunións”.

Pardo sostén que a falta de implicación e entendemento do BNG e do PSOE co Mercado “terminou por matar o gastroespacio”: “É un desenlace fatal para un sitio único e nos apena que sendo o Goberno local participe da pésima situación non se fixo absolutamente nada para remedialo”.

“Tratábase dun proxecto que arrincou de forma ilusionante, pero que o Concello deixou languidecer. É outro exemplo máis da pésima xestión que caracteriza a este Goberno local”, mantivo a popular. Os adjudicatorios dos postos apoiaron as peticións dos populares e insistiron en utilizar o espazo para os eventos, como concertos, “algo que tampouco se levou a cabo”.

Publicacións Relacionadas