HomePontevedraO CondadoO PP agradece á Xunta a nova axuda para a dotación dun...

O PP agradece á Xunta a nova axuda para a dotación dun vehículo, para a Policía Local, que mellorará a seguridade de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

· “A axuda anunciada por Vicepresidencia Segunda da Xunta para adquirir este novo vehículo permitirá ampliar a mellora de seguridade necesaria en Ponteareas, tanto en pobo como en parroquias”.

O Grupo Municipal do PP agradece á Xunta de Galicia, e á Vicepresidencia Segunda dirixida por Diego Calvo, o anuncio realizado de incluír a Ponteareas no plan de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición de novos vehículos, de tipo patrulla ou todoterreo híbridos ou eléctricos, para uso da Policía Local de Ponteareas.

Esta axuda permitirá aumentar a seguridade en Ponteareas, non só no centro urbano senón tamén nas parroquias do municipio.
A portavoz e presidenta local, Belén Villar, considera que “facendo uso desta axuda, que permite a compra dun novo vehículo eléctrico ou híbrido, vai mellorar a vixilancia e protección dos veciños do municipio que continuamente se queixan da falta de seguridade nos últimos anos”.

A adquisición faise a través do programa da Xunta de Galicia para a compra de vehículos híbridos ou eléctricos a través do sistema de “renting” por un período de 48 meses. O vehículo debe ser apto para a Policía Local e contar co distintivo ambiental cero emisións ou Eco.

Publicacións Relacionadas