O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, continúa coa programación especial polo Mes da Memoria Histórica este venres 21 de outubro ás 20:00 no Multiusos de Sabarís cun dos actos estrela: A proxección de “O cárcere de curas”, documental vasco de 2021 de Oier Aranzabal, Ritxi Lizarta e David Pallarés que narra a historia da viaxe real ao qie foron sometidos 53 relixiosos de Madrid, Galicia, Cataluña e País Vasco no seu traslado forzoso ao devandito penal de Zamora, que foi o único cárcere de ciras do mundo. Á proxección acudirán os seus directores e algún dos relixiosos represaliados co fin de estables un coloquio posterior.
Durante este mes de outubro ven desenvolvendo unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica como ven facendo desde ou ano 2019.



