O alcalde, José Cela, achegouse ata a parcela onde se construirá esta infraestrutura deportiva, para a que se investirán cerca de 48.000 euros.
Moraña contará en breve cunha pista de pádel municipal. O alcalde, José Cela, achegouse ata a parcela na que se ubicará esta infraestrutura deportiva, “que estamos seguros de que será moi utilizada pola veciñanza”, e da que a empresa xa está executando os primeiros traballos.
Tal e como explica o alcalde, “o terreo ten unha pequena caída e atópase a un nivel superior, polo que é necesario crear un pequeno muro de contención para instalar esta pista, que estamos seguros de que será moi utilizada pola veciñanza”.
Estímase que a obra terá dous meses de duración e suporá unha inversión de 47.855,50 euros.



