HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello abre o prazo para inscribirse no ximnasio de Cerdedo cun...

O Concello abre o prazo para inscribirse no ximnasio de Cerdedo cun prezo de 15 € para empadroados

- Anuncio -spot_img

• Os usuarios poderán acceder a través dunha clave individual que deberán pulsar nun teclado numérico instalado na porta principal

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de abrir o prazo para que os usuarios poidan formalizar a súa inscrición para utilizar as instalacións do novo ximnasio de Cerdedo que estará operativo, de xeito gratuíto os meses de novembro e decembro, e completamente activo a partir do mes de xaneiro en horario de luns a sábado de 8 a 22 horas, de xeito
ininterrumpido.

Para poder acceder a elas deberán cubrir un formulario e depositar unha fianza de 30 euros xa que a taxa mensual será de 15 euros para empadroados e de 25 para os que non estean inscritos no rexistro municipal. En principio, este servizo está pensado para maiores de 18 anos, aínda que si se xustifica axeitadamente, os menores de idade poderán facer uso das instalacións acompañados en todo momento por un proxenitor ou titor.

Como unha das novidades deste servizo municipal figura que o acceso ás instalacións será a través dun teclado numérico instalado na porta principal. Así, cada usuario disporá dun código persoal e intransferible que dá acceso ás instalacións. En caso de que se detecte que non é usado polo solicitante o Concello desactivarao, de xeito inmediato. Este código facilitarase ao usuario coa inscrición inicial no servizo (o pago da cuota mensual habilitará o acceso ás instalacións durante o mes natural correspondente).

O acceso ás instalacións queda limitado a unha vez ao día a cada usuario. O tempo máximo diario de utilización das instalacións será de 90 minutos e o interior da instalación estará videovixiado.

A utilización simultanea das instalacións queda limitada a 8 usuarios que deberan utilizar roupa e calzado deportivo. Por hixiene, deberase levar unha toalla para colocala encima das máquinas ou aparatos dos que se faga uso.
Non estará permitido comer, nin utilizar envases de vidro, nin acceder ás instalacións con animais de compañía. Ao rematar de usar elementos de peso libre (barras, discos….) estos deberán de ser colocados de novo no seu lugar.

Establecerase tamén un tempo máximo de 20 minutos por máquina pasado o cal, deberá cederselle a máquina a persoa que estea agardando quenda.

O ximnasio cerrará ás 22:00 horas e o último deberá preocuparse de que queden todas as luces apagadas. O non cumprimento das normas fará que o concello poderá desactivar o código de acceso ao usuario previo aviso.

Publicacións Relacionadas