O Concello de Ourense expón ao público desde hoxe as conclusións do III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero e o Proxecto do IV Plan para a Equidade de Xénero, coa finalidade de que particulares e colectivos que o estimen conveniente poidan realizar as aportacións que desexen, por un prazo de 20 días hábiles, até o día 17 de novembro. Os documentos pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello de Ourense, na ligazón:
https://sede.ourense.gob.es/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=153118366



