Este mércores, 19 de outubro, conmemórase o Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama e dende o Concello de Bueu unímonos a esta data a través da iluminación da fonte cibernética situada na Praza Massó de cor rosa.
Así, representantes da corporación municipal de Bueu, así como da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) e da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) participarán este mércores ás 20 horas no acto simbólico de iluminación xunto á fonte.



