Home O Ribeiro Cenlle O presidente da Deputación reúnese coa nova alcaldesa de Cenlle para avanzar...

O presidente da Deputación reúnese coa nova alcaldesa de Cenlle para avanzar acordos en materias de servizos públicos e infraestruturas

- Anuncio -

Manuel Baltar mantivo esta mañá un encontro de traballo con Rebeca Sotelo, “unha alcaldesa coa capacidade e a iniciativa para liderar este concello, deseñando novos proxectos dinamizadores para o territorio”

Garante o “máximo compromiso da Deputación con Cenlle, administración da que é o seu mellor aliado” e compromete o apoio a obras de saneamento, mellora da seguridade vial ou a limpeza e mantemento do paseo fluvial

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo coa nova alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, no que lle desexou “moitos éxitos” como rexedora: “Ten a capacidade e a iniciativa para liderar este concello, deseñando novos proxectos dinamizadores para o territorio”.

O presidente do goberno provincial quixo destacar o “bo traballo” realizado polo anterior alcalde, José Manuel Rodríguez, na “liña de progreso dun concello de gran potencial como é Cenlle, e que ten na Deputación ao seu mellor aliado para seguir crecendo”.

Manuel Baltar avanzou a Rebeca Sotelo a “máxima implicación da Deputación con Cenlle” para seguir reforzando as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades: “Coma administración máis próxima ao territorio, cada alcalde ourensán sabe que pode contar con nós para traer novas propostas de colaboración, estudalos e sumar esforzos para levalos a cabo”.

O presidente da Deputación e a alcaldesa de Cenlle estiveron acompañados nesta reunión de traballo por César Fernández, vicepresidente segundo do goberno provincial e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos da comarca do Ribeiro.

Na reunión abordaronse os proxectos de colaboración solicitados polo Concello á Deputación e que contan co compromiso de posta en marcha do goberno provincial, como unhas obras de saneamento en Cenlle e a mellora da seguridade vial na OU-0303. Ademais, a alcaldesa sumou esta mañá o apoio do goberno provincial para actualizar o rueiro municipal e continuar a limpeza e mantemento do paseo fluvial do río Miño.

O presidente da Deputación tamén avanzou no encontro de hoxe no Pazo Provincial o futuro apoio á renovación do campo de fútbol municipal e a rehabilitación das fosas antigas de Laias. Ademais, o Concello de Cenlle solicitou un tractor de roza para a prevención de incendios forestais, apoiándose no convenio asinado pola Deputación de Ourense –a única das catro deputacións galegas en facelo- coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes.

Rebeca Sotelo valorou a implicación da Deputación con Cenlle e destacou “a miña ilusión e o meu compromiso absoluto co benestar dos veciños. Traballaremos día a día para seguir mellorando entre todos Cenlle”.

Relacionadas

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal do PP...

0
●         Luis Berardo Araújo recolle esta encarga con “moitas ganas e ilusión” e Roberto González expresa que este cambio chega por motivos estritamente profesionais, “pero...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

Publicacións Relacionadas