Home A Coruña Oitenta nenos e nenas do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos participan...

Oitenta nenos e nenas do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos participan no proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”

- Anuncio -

A iniciativa, promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, busca dar a coñecer esta ruta entre os escolares

Uns oitenta alumnos e alumnas de 3º de Primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos participaron no proxecto educativo “O Camiño Inglés na escola”, unha iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para sensibilizar aos estudantes de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta xacobea a través da difusión dos valores xacobeos.

A rapazada do CEIP Francisco Vales Villamarín, divididas en cinco grupos e en sesións de 50 minutos, estivo toda a mañá do pasado venres xogando co “Xogo da Oca do Camiño Inglés”, unha adaptación do popular xogo a esta ruta xacobea, con ilustracións co máis representativo de cada unha das etapas dende o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico. A rapazada tiraba o dado e ía avanzando sobre o taboleiro mentres os dous monitores da Asociación de Concello do Camiño Inglés lles achegaban información sobre os distintos lugares polos que discorrían.

“O Camiño Inglés na escola” está promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e conta co financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través de Turismo de Galicia. A asociación está formada por 16 concellos: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas