HomePontevedraCaldasO BNG denuncia que a atención a persoas dependentes vai de mal...

O BNG denuncia que a atención a persoas dependentes vai de mal en pior, ante a pasividade do goberno municipal

- Anuncio -spot_img

Manu Fariña: “Denunciámolo en agosto, insistimos en setembro e o goberno municipal non fixo nada. Hoxe temos xa 46 persoas dependentes sen atender, 8 delas de grao 3, as máis dependentes”

O 19 de agosto, o BNG deu a voz de alerta sobre a desatención á persoas dependentes no concello de Caldas de Reis, e o 27 de setembro volveu poñer o foco neste grave problema que afecta ás persoas máis vulnerábeis do noso concello, ao constatar que se tardaba máis de tres meses en atender a grandes dependentes.

Lonxe de mellorar, co paso do tempo a situación vai a pior, e a día de hoxe hai 46 persoas vulnerábeis en lista de espera, 8 delas, co máximo grao de dependencia, algo que, insiste o portavoz nacionalista, “é absolutamente indecente, e que os nosos veciños e veciñas non merecen”. “Son 46 persoas, 46 familias que están vivindo unha situación absolutamente inaceptábel, cunha axuda concedida que ninguén lle presta, familias que, en ocasións, teñen que renunciar aos seus postos de traballo para poder atender ás persoas dependentes ao seu cargo, e todo pola inacción do alcalde de Caldas e do seu equipo de goberno”.

Manuel Fariña volveu insistir na necesidade de aumentar de inmediato as horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar. “Os nosos veciños e veciñas non merecen que se lles trate con tanto desprezo, polo insto, máis unha vez, ao alcalde e ao seu equipo que se poñan a traballar dunha vez por todas para que a vida das nosas persoas dependentes teña máis calidade de vida. É unha cuestión de xustiza e de humanidade”, recalcou o portavoz nacionalista.

Publicacións Relacionadas