O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, mostrou o seu apoio aos traballadores de Ence e ás súas familias: “Reiterar o noso respaldo ás persoas que viven directa ou indirectamente da biofábrica é necesario”
O popular lembrou que o Plan Social está dotado de tres millóns de euros que se dedica a axudas veciñais, loita contra a exclusión social, coidado da contorna, apoio á educación, emprendemento e deporte basee
“Desde o 2019 non se volveu a convocar este plan, o cal deixou nunha situación moi comprometida a moitas asociacións, federacións ou clubs de base. Algunhas atravesas agora situacións difíciles sen esta axuda esencial”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, solicitou á biofábrica Ence que retome con urxencia o seu Plan Social. Este proxecto da empresa, dotado de tres millóns de euros na súa última convocatoria, destínase a axudas veciñais, loita contra a exclusión social, coidado da contorna, apoio á educación, emprendemento e deporte basee.
Por iso, Domínguez destacou a importancia do mesmo, “e neste momento a empresa non ten ningunha desculpa para non poñelo en marcha de novo”. “Reiterando o meu apoio aos traballadores e as súas familias, como sempre fixemos desde o PP, quero pedir publicamente que a empresa retome de forma inmediata o Plan Social que tantos beneficios deu a persoas e entidades da nosa cidade que tanto o necesitaban”.
“É unha responsabilidade adquirida cos pontevedreses”, detallou o popular. “Neste momento a pandemia pasou e non hai unha data concreta para o recurso sobre a prórroga de Ence, a empresa debe reiniciar o seu Plan Social”, mantivo Domínguez, quen fixo responsable ao Concello da saída da empresa. O popular tamén fixo referencia á Responsabilidade Social Corporativa da biofábrica coa súa contorna.
Domínguez puxo especial atención aos beneficiarvos destas axudas: Asociación Xoán XXIII, Asociación do Párkinson, Asociación de Discapacitados Intelectuais, Banco de Alimentos, Asociación Española contra o Cancro, Fundación Érguete, Cáritas ou Rexurdir, entre outros. “Non só estamos a falar de entidades deportivas ou de veciños, de suma importancia, estamos a falar da loita contra a exclusión social ou de asociacións de claro carácter social”, explicou o presidente dos populares, que afirmou que estas agrupacións “viron comprometido o seu funcionamento coa suspensión deste Plan Social de Ence”.
“Da mesma maneira que encomiamos o Plan Social no seu momento, pola importancia do mesmo para a nosa cidade, criticamos que se suspendeu”, resumiu o popular. “Reiterando o meu apoio aos traballadores de Ence, quero pedir publicamente que a empresa retome de forma inmediata o Plan Social. É unha responsabilidade da empresa adquirida cos pontevedreses”.



