HomeTabeirósA EstradaChove na praza de abastos e o goberno municipal do PP non...

Chove na praza de abastos e o goberno municipal do PP non fai nada

- Anuncio -spot_img

A praza de ten problemas desde que foi inaugurada, pero o PP nunca fixo nada para mellorar as condicións de habitabilidade de praza e por prestar un bo servizo aos praceiros e praceiras, mais tamén aos veciños e veciñas

Desde o BNG da Estrada temos denunciado en moitas ocasións a chapuza da nova praza de abastos inaugurada en 2015. Entre os múltiples problemas que ten o principal é que mete auga cando chove. E hoxe concretamente, praceiras e praceiros enviáronnos un vídeo no que se aprecia con claridade que a praza ten fallos estruturais importantes e a auga entra por litros cando chove, non son simples goteiras.

Desde que se inaugurou a Praza, e a pesar das evidencias, o goberno do PP, capitaneado por José López, foi incapaz de darlle solucións aos problemas, e en especial á entrada de auga masiva na praza.

A reforma da praza de abastos fíxose a conta dos impostos dos veciños e veciñas, non é normal que o goberno do PP recepcionara unha obra que tiña fallos e nunca reclamou á empresa construtora, e ademais nunca fixo nada para mellorar as condicións de habitabilidade de praza para prestar un bo servizo aos praceiros e praceiras, mais tamén aos veciños e veciñas.

Xa dixemos noutra ocasión que o PP de López está empeñado en deixar morrer a praza, as goteiras confírmano. Teranos enfronte, non permitiremos que iso ocorra e exiximos ao goberno que tome medidas para solucionar os problemas da praza e en concreto das goteiras que impiden un desenvolvemento normal da actividade na praza de abastos.

Publicacións Relacionadas