HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén consegue que a Xunta reabra ao tráfico pesado o...

Pazos de Borbén consegue que a Xunta reabra ao tráfico pesado o acceso ao polígono de Amoedo

- Anuncio -spot_img
  • A sinais non se axustan á normativa e retiraranse da PO-250 este xoves polo servizo de conservación de estradas
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de conseguir a reapertura ao tráfico pesado da estrada de acceso ao polígono de Amoedo. A medida, comunicada polo servizo de conservación de estradas, está motivada polas irregularidades detectadas na sinalización e permitirá, a partir de mañá xoves, que “os camións das empresas do polígono de Amoedo poidan circular de novo pola PO-250”, confirmou con alegría o alcalde, Andrés Iglesias.
    Así, segundo indicou o rexedor, a confirmación da retirada dos sinais no vial autonómico supón “unha gran noticia para moitos veciños e empresas de toda comarca”. Ademais, indicou que “despois de dous meses de prohibición, a lóxica imponse e a estrada preparada para dar acceso ao polígono volverá cumprir a súa función”.
    Do mesmo xeito, Iglesias lembrou que “o Concello de Pazos de Borbén sempre está disposto a negociar e chegar a acordos que sexan beneficiosos para todos” aludindo ao ofrecemento pacense de establecer un sistema de horarios que permitise o paso. “Tomar esta clase de decisións de forma unilateral nunca é boa idea e só leva a problemas que acaban pagando os veciños de ambos os municipios”, concluíu o alcalde.
    Estrada Amoedo-Vos Valos
    A reapertura do tráfico pesado a través da PO-250 contribuirá a aliviar a situación da estrada provincial EP-2702 ata o inicio dos traballos de ampliación. Unha mellora confirmada tras a última reunión do alcalde coa Deputación na que “se confirmou que a deputación afrontará o 100% do gasto, que é o que nós sempre pedimos e que é algo que agradecemos á Deputación. Levamos anos solicitando a mellora e dispostos a colaborar, pero con esa condición. A estrada é provincial”, finalizou Iglesias.

Publicacións Relacionadas