HomeDeputaciónsDeputación PontevedraÚltimos días para inscribirse nas Xornadas de Museos e Educación Patrimonial que...

Últimos días para inscribirse nas Xornadas de Museos e Educación Patrimonial que organiza o Museo de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O 3 e 4 de novembro representantes de institucións de toda a península analizarán o futuro da educación patrimonial

Ata o próximo luns 24 de outubro está aberta a inscrición ás II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, que se celebrarán no Museo de Pontevedra os días 3 e 4 de novembro. Baixo o lema ‘Construíndo futuros desde a educación’, as xornadas reunirán a profesionais e persoal investigador de museos e universidades de Galicia, España e Portugal, que porán en común experiencias en educación patrimonial e debaterán sobre os camiños a seguir neste eido.

As xornadas están dirixidas a profesionais e investigadoras relacionadas coa acción cultural e educativa nos museos, pero tamén a persoas que traballen a educación patrimonial desde outros ámbitos e estudantado relacionado con Humanidades, entre outro público. A inscrición é totalmente gratuíta grazas ao patrocinio da Deputación. Pódese facer a través da web https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal.

As xornadas están organizadas polo Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela e contarán coa participación de representantes do Museo Arqueológico Nacional, o Museo do Pobo Galego, o Museo Würth La Rioja, o Museu de Lamego ou a Rede Museística de Lugo, así como do CSIC e de universidades como a Complutense de Madrid, a Jaume I, a de Barcelona, a de Murcia ou a de Huelva.

Con esta edición dáselle así continuidade a estas xornadas que se puxeron en marcha en 2021, consolidando o Museo como referente no debate sobre a investigación e a innovación na difusión do patrimonio. O encontro deste ano ten tres eixos: unha educación patrimonial para o cambio social; os novos formatos e medios na educación e acción cultural; e a creación de redes de colaboración entre institucións. Desenvolveranse a través de dous relatorios, tres mesas redondas, unha sesión de pósters e tres obradoiros.

As xornadas están dirixidas por José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra, e Belén Castro, coordinadora da Área de Didáctica das Ciencias Sociais da USC. Os relatorios serán a cargo de María Jesús Rubio Visiers do Museo Arqueológico Nacional e Carmen Palacios do Museo Würth La Rioja. Nas mesas redondas participarán investigadoras e profesionais como Miguel Ángel Cagigal, Encarna Lago, Alexandra Falcão e Cristina Sánchez-Carretero.

PROGRAMA

Xoves 3 de novembro
• 09:00-9:30. Entrega de acreditacións
• 09:30-10:00. Acto inaugural
• 10:00-10:45. Relatorio. María Jesús Rubio Visiers, Museo Arqueológico Nacional
• 10:45-11:45. Mesa 1. Educación patrimonial para o cambio social. Coordinan: Encarna Lago, Rede Museística Provincial de Lugo; Laura Lucas Palacios, Universidad Complutense de Madrid; Alexandra Falcão, Museo de Lamego
• 11:45-12:15. Pausa café
• 12:15-13:45. Workshop: acción educativa e aprendizaxe transformadora no Museo de Pontevedra. Coordina Sabela Santos Filgueira.
• 16:00-17:30. Sesión de obradoiros simultáneos
Obradoiro 1. Recuperar a memoria dende o cotiá. Beatriz Gallego, Labrit patrimonio
Obradoiro 2. Comunidades patrimoniais. Ángel Portolés Górriz, Projecte Patrimoni. Programa d’Extensió Universitària – PEU. Universitat Jaume I
• 17:30-18:00. Pausa café
• 18:00-19:00. Mesa 2. Tecendo redes: sinerxias e colaboracións entre institucións. Coordinan: Cosme Gómez Carrasco, Universidad de Murcia; Ana Estévez, Carme Campo, Museo do Pobo Galego, e Trinidad Canosa, ONCE; Cristina Sánchez-Carretero, INCIPIT-CSIC

Venres 4 de novembro
• 09:30-10:45. Sesións de pósteres. Coordina: Ana Portela Fontán, Universitat de Barcelona
• 10:45-11:45. Mesa 3. Novos medios e formatos na educación e acción cultural. Coordinan: Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Júlia Castell Villanueva, Universitat de Barcelona; Myriam Martín Cáceres, Universidad de Huelva
• 11:45-12:15. Pausa café
• 12:15-13:00. Relatorio. Carmen Palacios Hernández, Museo Würth La Rioja
• 13:00-13:30 Peche e despedida

Publicacións Relacionadas