― Destinaránse, entre outras moitas partidas económicas, un total de 63,9 millóns de euros para contuar coa execución do Novo Hospital Montecelo e 1.400.000 euros para o inicio da obra do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, cuxo proxecto está xa adxudicado
― Os orzamentos asignados a esta Área Sanitaria pola Administración autonómica galega para 2023 inclúen unha partida complementaria de 500.000 euros para licitar proxectos de futuros centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria para cando algúns concellos da Área Sanitaria acheguen unha parcela axeitada
A firme aposta da Xunta de Galicia pola Sanidade Pública en Pontevedra e O Salnés reflíctese nos orzamentos asignados a esta Área Sanitaria pola Administración autonómica para o vindeiro ano 2023.
Así, destinaránse un total de 63,9 millóns de euros para contuar coa execución do Novo Hospital Montecelo -concretamente 61.970.030 euros para evolucionar arquitectónicamente coa obra de ampliación e outros 2 millóns para iniciar o proceso de compra de equipamento-.
De xeito complementario, dentro da partida orzamentaria de 11.972.644 euros do Plan de Atención Primaria FEDER 21-27 para Galicia, está reservada unha dotación económica de 1.400.000 euros para o inicio da obra do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, cuxo proxecto está xa adxudicado.
Así mesmo, dentro doutras partidas do Plan de Atención Primaria de 6.640.255 euros específicas para a construción de novos centros de saúde galegos e de 1.476.552 euros asignados para reformas, ampliacións e melloras de centros de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde na xeografía autonómica, a Xunta de Galicia tamén reservou unha partida económica de 250.000 euros para o proxecto do novo centro de saúde de Meis, unha vez que xa se asinou o convenio para a cesión da parcela adquirida por este Concello.
Inversión para os proxectos de novos centros en Soutomaior e Barro
Ademáis, están reservados outros 300.000 euros para o proxecto do novo centro de saúde de Soutomaior, toda vez que tamén se asinou o convenio para a cesión da parcela por parte do Concello.
A Xunta de Galicia tamén reservou outra partida orzamentaria para o vindeiro ano 2023, que acada os 200.000 euros, para o proxecto do novo centro de saúde na localidade de Barro, unha vez que o Concello achegou unha parcela viable á Adminsitración e sobre a que se asinará un convenio antes de rematar o presente ano.
Así mesmo, para o proxecto de ampliación do centro de saúde de Baltar, no Concello de Sanxenxo, asignouse unha dotación económica para o vindeiro ano 2023 que acada os 400.000 euros, refrendando deste xeito o compromiso da Xunta de Galicia polo reforzo e potenciación das infraestruturas da Sanidade Pública na área de Pontevedra e O Salnés.
500.000 euros para licitar proxectos de futuros centros de saúde
Os orzamentos asignados a esta Área Sanitaria pola Administración autonómica galega para o vindeiro ano 2023 inclúen así mesmo outra partida complementaria de 500.000 euros para licitar proxectos de futuros centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria para cando algúns concellos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés acheguen unha parcela axeitada -tales coma as localidades de Poio, Caldas de Reis, O Grove ou a ampliación do centro de Atención Primaria de Moraña (Concello este no que xa se asinou un protocolo coa Xunta de Galicia para iniciar os trámites urbanísticos que permitan a devandita obra)-.
Fondos para alta tecnoloxía en atención hospitalaria
Dentro da partida de 50,6 millóns para equipos de alta tecnoloxía en atención hospitalaria consígnanse os fondos para completar os pagos dos contratos licitados ao longo do presente ano 2022 cos fondos europeos Next Generation e que supoñen un investimento de 9,2 millóns de euros no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra para incorporar dous aceleradores lineais de altas prestacións, adxudicados por un importe total de 4,4 millóns de euros.
Así mesmo, incorporaráse neste Complexo pontevedrés unha Gammacámara, licitada por 752.510,66 euros, unha sala de hemodinámica licitada por 829.129,92 euros, un TAC de planificación para o novo servizo de Medicina Nuclear -adxudicado por 508.200 euros- e a renovación de dous TACs, adxudicados por un importe de 1,7 millóns de euros, incorporando un TAC de tecnoloxía espectral que mellora a capacidade diagnóstica e diminúe as doses de radiación.
Tamén se renovará unha das Resonancias Magnéticas no Hospital Montecelo, cunha partida económica adxudicada por importe de 1,1 millóns de euros.
Dentro desta dotación de 50,6 millóns de euros para equipos de alta tecnoloxía en atención hospitalaria que consigna fondos para completar os pagos dos contratos licitados ao longo de 2022 cos fondos europeos Next Generation, hai unha partida que suporá tamén a renovación dun TAC no hospital comarcal do Salnés, adxudicado por un importe de 408.035 euros, no Distrito sanitario de O Salnés.
10 millóns de euros para transferencias a entidades
Por outra banda, o proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2023 reserva máis de 10 millóns de euros dentro das contas do Servizo Galego de Saúde para transferencias a entidades da atención sociosanitaria, a saúde mental e de atención ás adiccións.
Parte destes fondos destínanse a entidades de eido autonómico ou para convocatorias de axudas de carácter competitivo, pero tamén hai consignadas partidas específicas para convenios nominativos con entidades de eido local, como é o caso da Asociación Rexurdir Provincial, no concello de Marín, cunha partida económica de 25.177 euros.



