Home O Ribeiro Cortegada A Deputación cooperará co Concello de Cortegada na mellora dos servizos públicos,...

A Deputación cooperará co Concello de Cortegada na mellora dos servizos públicos, abastecemento, deporte ou termalismo

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse co rexedor de Cortegada, Avelino de Francisco

Manuel Baltar avanzou a colaboración ás propostas presentadas polo alcalde, entre as que destaca o reforzo das infraestruturas deportivas, o equipamento termal ou a colaboración en materia cultural

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, co que estudou a ampliación das liñas de colaboración abertas entre ambas administracións para executar novos proxectos relacionados cos ámbitos do deporte, vivenda, abastecemento, cultura ou termalismo.

No encontro tamén estivo presente César Fernández, vicepresidente segundo e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos da comarca do Ribeiro.

Manuel Baltar avanzou a colaboración do goberno provincial a tres iniciativas consideradas estratéxicas polo rexedor: unha achega para realizar prospeccións no concello, a cooperación da Deputación en proxectos culturais a desenrolar en Cortegada e melloras no pavillón municipal.

Avelino Luis de Francisco tamén formulou como prioritarias un proxecto de sinalización e melloras no balneario novo, que “permitan reforzar a vertente turística dun concello cun enorme potencial de atracción”.

Ademais, o presidente da Deputación e o alcalde de Cortegada acordaron a futura implicación do goberno provincial en dous proxectos cofinanciados xunto á Xunta de Galicia: a construción de vivendas sociais e novas infraestruturas deportivas para os veciños.

“Ninguén coñece mellor Cortegada que o seu alcalde, e esta reunión é unha nova mostra da capacidade de Avelino de Francisco para detectar as necesidades e as potencialidades do seu concello”, destacou despois da reunión Manuel Baltar, que resalta especialmente o “liderado e a xestión dun equipo de goberno capaz de deseñar proxectos e presentalos na Deputación para levalos a cabo nunha perfecta cooperación interadministrativa”.

O presidente do goberno provincial avanza o “máximo compromiso da Deputación” coa realización de “proxectos prantexados para seguir mellorando os servizos públicos e a calidade de vida dos veciños de Cortegada”.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas