HomePontevedraPontevedraA Xunta celebra o Día da Biblioteca en Pontevedra con contacontos e...

A Xunta celebra o Día da Biblioteca en Pontevedra con contacontos e unha homenaxe a orixe deste centro

- Anuncio -spot_img

— Co gallo desta efeméride que se celebra o luns 24 de setembro, o centro xestionado pola Consellería de Cultura en Pontevedra organiza actividades para todos os públicos


— Ás 18,00 horas desenvolverase unha actividade para rapazada a partir de tres anos con historias divertidas de osos, ratos e cabritos


— A programación complétase cunha exposición para coñecer como e con que fondos comezou a historia da Biblioteca Antonio Odriozola

A Xunta de Galicia impulsa unha ampla programación nos sete centros bibliotecarios xestionados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para celebrar o Día das bibliotecas este luns, 24 de outubro. Co gallo desta efeméride, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola acolle actividades para todos os públicos que inclúen desde un contacontos ata unha homenaxe para coñecer a orixe deste centro.

Así, este luns, ás 18,00 horas, o centro do Goberno galego en Pontevedra acollerá o contacontos Contos e cantos para celebrar o Día da Biblioteca a cargo de Bea Campos. Esta actividade, dirixida a rapazada de máis de 3 anos, incluirá divertidas historias de osos, ratos e cabritos con acompañamento musical.

A programación deseñada para esta data inclúe tamén unha homenaxe a orixe desta biblioteca en Pontevedra. Así, o andar baixo acolle ata o 4 de novembro a exposición 1848. Punto de partida para unha biblioteca. Trátase dunha mostra para lembrar o inicio deste centro, a mediados do século XIX, e dar a coñecer como e con que fondos comezou a historia da Biblioteca Pública Antonio Odriozola.

Publicacións Relacionadas