Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2023 “condenan a Ourense a seguir na cola en case todos os parámetros”, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, que advirte que nas contas autonómicas para o próximo ano “non se ve ninguna discriminación positiva para a cidade que máis o necesita, que é Ourense”. Tras analizar os orzamentos presentados polo goberno autonómico, asegura que “hoxe é un día triste porque Ourense é a Cenicienta de Galicia e de España, tanto para a Xunta como para o Estado español, e un ano máis vai seguir séndoo”.
Pérez Jácome argumenta que “nas últimas décadas nos arruinaron desviando investimentos cara a outras zonas e agora condénannos a non recuperar porque se segue apostando, neste caso nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2023, polo eixo atlántico e por Santiago de Compostela” que, asegura, “se levan o gran pastel”. A situación, indica o rexedor, “o que fai é condenarnos e plantearnos que temos que levantarnos en urnas, que é a única maneira de darlle un correctivo aos gobernos que nos discriminan”.
Subliña como exemplo Pérez Jácome o proxecto do Centro de Intelixencia Artificial. O alcalde solicitoulle á Xunta de Galicia a súa implicación e apoio hai 2 anos para poner en marcha en Ourense un centro pioneiro neste ámbito. “Se a Xunta fixera o que lle pedimos hai 2 anos, teríamos agora mesmo todas as papeletas” para que Ourense acollese a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial que vai poner en marcha o goberno central. “Non só non o fixeron senón que ademais, agora que hai que determinar unha cidade, tampocou aposta por Ourense”, conclúe o alcalde, que incide en que a de Ourense “é unha discriminación perpetua, e a única solución é levantarnos en urnas”.



