Victorio Magariños Blanco, notario e Académico de Honor da Academia Sevillana del Notariado, presentou o seu novo libro “Libertad para ordenar la sucesión”. O autor defende nesta obra a liberdade das persoas para ordenar a súa sucesión.
O acto de presentación da publicación tivo lugar onte na Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación en A Coruña e contou coa presencia de Juan Manuel Vidal Seage, alcalde do Concello de Pontecesures; Laura Villar Matos, tenente alcalde do Concello de Pontecesures; José Luis Seoane Spiegelberg, presidente da Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación; José María Graiño Ordóñez, decano do Ilustre Colegio Notarial de Galicia; e Francisco M. Ordóñez Armán, vicepresidente da Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación.
Vidal Seage sinalou que “é una honra acompañar a Victorio Magariños na presentación do seu novo libro. Unha gran figura no mundo do dereito que sempre leva consigo Pontecesures”.
Magariños Blanco, naceu en Pontecesures e estudou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1974 ata a súa xubilación en 2010, exerceu a profesión de Notario en Sevilla. É autor de numerosos traballos sobre Dereito Civil en publicacións especializadas, así coma de artículos de análise política en diferentes medios de comunicación como ABC e El Mundo.



