O alcalde, José Cela, e o concelleira Norma Caldas presentaron esta mañá o cartel da festa do Samaín na vila, que contará cun túnel do terror o sábado 29 de outubro.
O Samaín estará pensado en Moraña para facer temblar de terror e de diversión a pequenos e maiores. O alcalde, José Cela, acompañado pola concelleira Norma Caldas, presentaron esta mañá o cartel das actividades que se organizarán por mor desta data e que se emplazarán para o 29 de outubro.
Tal e como se fixo o ano pasado, crearase un túnel do terror que estará habilitado para nenos e nenas de 8 a 12 anos entre as 18.00 e as 21.00 horas. A partir de entón, os sustos e o medo agudizarase para que poidan asistir persoas a partir dos 13 anos en diante.
Para participar, será preciso inscribirse na Biblioteca antes do día 28. Esta actividade está financiada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2022



