HomePontevedraA LamaO concello asina un convenio de colaboración coa Lama, S.D. e renova...

O concello asina un convenio de colaboración coa Lama, S.D. e renova as luminarias do campo de futbol de Racela cun investimento de 44.751 euros

- Anuncio -spot_img

O equipo local disporá de 7.000 euros para promocionar e realizar actividades deportivas no municipio

O tenente de alcalde do Concello da Lama, David Carrera, e o presidente do club A Lama, S.D., Marcial Peso, asinaron un convenio de colaboración para fomentar a práctica deportiva no municipio por importe de 7.000 euros. No mesmo acto de sinatura do acordo comprobaron o avance das obras de instalación dunhas novas luminarias de tecnoloxía LED que está acometendo o Concello no campo municipal de Racelo cun investimento de 44.751,54 euros, subvencionado pola Xunta e o Plan Concellos da Deputación, que aporta 8.950 euros.

Tanto David Carrera como Marcial Peso valoraron moi positivamente a sinatura deste convenio de colaboración que vén a ampliar as boas relacións existentes entre o club e o Concello e que permitirá seguir desenvolvendo actividades deportivas no municipio.

Asemade, salientaron tamén como moi necesaria a renovación da luminaria do campo de fútbol municipal de Racelo no que se investiron preto de 45.000 euros en dotar de luces de tecnoloxía LED e repoñer dúas novas torretas completas, incluíudos os seus báculos para dotar de maior luminosidade o terreo de xogo.

O tenente de alcalde, David Carrera, manifestou que “desde o Concello seguimos moi de preto as necesidades do equipo e tamén do campo de fútbol que precisaba dunha mellora e modernización do sistema eléctrico de iluminación xa que había zonas que non tiñan a visibilidade necesaria e facía falta que se cambiaran as vellas bombillas por un novo sistema de tecnoloxía LED máis eficaz e tamén eficiente posto que consume moito menos e favorece o aforro enerxético. Conseguimos a colaboración da Xunta e destinamos parte dos fondos que temos a través do Plan Concellos da Deputación a esta actuación que cremos vai mellorar moitisimo as condicións de xogo cando estea totalmente rematada”.

Pola súa banda, Marcial Peso agradeceu a colaboración do Concello e a sensibilidade amosada ante as necesidades do club e defendeu o convenio asinado como “unha ferramenta que nos permite mellorar a nosa oferta deportiva, atender as necesidades que poidamos ter neste sentido e, entre todos, favorecer a práctica deportiva no noso municipio”.

Publicacións Relacionadas