Home A Coruña A Pobra recupera a memoria de Josefina Blanco no contexto do outubro...

A Pobra recupera a memoria de Josefina Blanco no contexto do outubro valleinclaniano

- Anuncio -

A figura de Josefina Blanco centrou a conferencia ofrecida na tarde do 21 de outubro no marco das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Tras a actuación da Escola de Música da Pobra, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSOE-PSOE), explicou ás persoas asistentes que nesta edición se decidiu apostar pola inserción de novos contidos que permitan coñecer ao literato e a todo canto o rodea dende outra perspectiva. Manifestou, ademais, a importancia de dar a coñecer persoas relevantes para o escritor a nivel persoal, pero que tamén influíron na súa produción literaria. A edil sinalou que, se ben sempre se denomina a Blanco como a muller dun gran autor, despuntou no mundo da interpretación dende idades temperás.

Deseguido, a técnica do Museo, Araceli Abad, introduciu á relatora Xeila Iglesias, membro da Cátedra de Extensión Cultural Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Na súa exposición, Iglesias ensinou ao público artigos xornalísticos que destacaban o talento dunha Josefina Blanco de tan só 5 anos, vaticinando xa o seu futuro no panorama artístico. Inflúen nisto os seus parentes máis próximos, pois a súa tía era actriz e seu pai un actor afeccionado. Así, a comezos de 1900 eríxese como unha actriz consagrada, pero sempre adscrita a papeis de muller inxenua debido á súa constitución física, que xa formara parte de compañías como Teatro de la Comedia de Madrid, Emilio Thuillier, Guerrero y Mendoza, Francisco Ortega y Matilde Moreno ou Ricardo Calvo. E, precisamente, nunha representación coincidiu co que se convertería no seu futuro esposo: Ramón del Valle-Inclán. De feito, chegou a poñerse na pel de personaxes dalgunhas das súas obras.

Co matrimonio produciuse un parón na súa carreira como actriz, agás nalgúns episodios: mergúllase na vida familiar e en axudar ao seu marido coa corrección dos textos. Retoma a súa profesión a principios da década de 1930, período no que se inician os trámites de divorcio, e a súa estadía sobre as táboas interrómpese coa Guerra Civil. Posteriormente, pasaría a xestionar o legado de Valle-Inclán.

Relacionadas

Ana Mª Vázquez, Fiz Álvarez, Elba Paris, Manuel Barreiro e Isabel Martínez premiados por...

0
O Concello recoñeceu aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas cunha entrega de premios celebrada esta tarde nas Torres de Santa Cruz. En función...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade a licitación do contrato da auga por...

0
O contrato da auga sairá a licitación en xaneiro e o do novo alumeado deberá estar formalizado antes do 18 de xuño de 2025 A...

O conxunto arquitectónico das Torres de Cillobre xa é de titularidade municipal

0
O Concello pasa a ser propietario dos 2.655 m2 do recinto, incluíndo a vivenda da torre, o muro perimetral e o hórreo anexo. O Concello...

O Concello de Ribeira solicita melloras para a seguridade viaria na entrada da AG-11...

0
O Concello de Ribeira, remitiu unha solicitude formal á Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para abordar dous problemas de seguridade viaria prioritarios...

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” chega á súa fin demostrando “a calidade e...

0
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe o acto de peche da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, no que ao longo de...

A rúa Chan das Viñas pasa a dirección única cara Che Guevara

0
A rúa Chan das Viñas, que une o parque das Trece Rosas coa avenida de Che Guevara pola zona do Inef, pasará a ter...

Publicacións Relacionadas