Home Ourense Baixa Limia A “Gladiator Race” pecha o calendario de probas de turismo deportivo do...

A “Gladiator Race” pecha o calendario de probas de turismo deportivo do Inorde do 2022

- Anuncio -

Este evento que se celebraba onte na área recreativa do Corgo, en Muíños, cun formato único en España este ano ao celebrarse en horario nocturno, reuniu a máis de 300 participantes procedentes de 14 provincias

O Inorde xa se está a traballar no calendario de probas de turismo deportivo do vindeiro ano, para presentalo antes de que remate este ano

A cuarta edición da “Gladiator Race” pecha o calendario de probas de turismo deportivo que organizou o Inorde neste 2022 co apoio de Turismo de Galicia, co obxectivo de continuar a dinamizar a economía local dos territorios polos que transcorren estes eventos e para dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos da nosa provincia, atraendo, fundamentalmente, a participantes doutros lugares.

A “Gladiator Race” celebrouse onte na área recreativa do Corgo, en Muíños, cun formato único en España neste 2022 ao volver a desenvolverse en horario nocturno, reunindo a máis de 300 participantes procedentes de 14 provincias sobre todo, do noroeste peninsular e de Portugal. Dato a salientar porque o obxectivo do Inorde coa organización destes eventos é empregar o deporte como ferramenta para atraer turistas e poñer en valor a marca turística ourensá que pivota ao redor de catro recursos: natureza, patrimonio, termalismo e enogastronomía. Polo tanto, estas probas están a demostrar, ano tras ano, que son un elemento idóneo para ofrecer aos visitantes experiencias de turismo activo de calidade.

Esta proba, ao igual que as anteriormente organizadas polo Inorde (Ourense Strade Termal, Arnoia Termal Sports, Xurés Bike Tour e a Ribeira Sacra Cycling Road), volveu a demostrar que Ourense é o escenario perfecto para a práctica do deporte tanto de élite como popular.

A “Gladiator Race”, que forma parte da Liga Nacional de carreiras de obstáculos, puxo a proba aos deportistas cun percorrido de 5 km no que debían superar máis de 25 obstáculos que incluía subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis. Ademais, de contar con participantes amateur, déronse cita deportistas de primeiro nivel que viñan para gañar como a actual campioa de España e o mellor equipo de Cangas “Os Vengadores”. Os participantes tiveron que levar un frontal luminoso xa que o 90% do percorrido estaba sen iluminar. Ademais, puideron participar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

A clasificación desta cuarta edición da “Gladiator Race” quedou da seguinte maneira: na categoría élite gañou a proba Oskar Novo Rodríguez, o segundo posto foi para Jesus Rodríguez León, e o terceiro para Mikhail Artemev. E, na categoría popular o resultado foi o seguinte: o gañador da proba foi Anxo Otero Amoedo, o segundo posto foi para Alberto Pacheco Soliño e, o terceiro para Matías Barreiro Ruibal. Para máis información sobre a clasificación: https://sportmaniacs.com/c/gladiator-race-muintildeos-35943

O Inorde xa está a traballar no calendario de probas de turismo deportivo do vindeiro ano, para presentalo antes de que remate este ano.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas