Home Pontevedra A Paradanta A Xunta finaliza a instalación de dúas paradas de autobús na estrada...

A Xunta finaliza a instalación de dúas paradas de autobús na estrada PO-400,no concello de Crecente

- Anuncio -

― As obras, cun investimento de máis de 48.000 euros, consistiron na instalación de dúas paradas de autobús en ambas as marxes da vía, en torno ao punto quilométrico 25+230

― Habilitouse espazo para que os autobuses paren, dispoñendo dúas marquesiñas con banco e apoio isquiático e zonas de circulación peonil para acceder ás novas paradas

― A Xunta continúa traballando para mellorar os equipamentos do transporte público co fin de facilitar a mobilidade dos cidadáns

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de finalizar os traballos para habilitar dúas paradas de autobús na estrada PO-400, ao seu paso polo concello de Crecente.

As obras, cun investimento de máis de 48.000 euros, permitiron dotar destas paradas de autobús ambas as marxes da estrada PO-400, en torno ao punto quilométrico 25+230.

Os traballos resolveron a situación anterior, xa que non existía espazo habilitado para que os autobuses parasen, nin zona de circulación peonil propia, nin refuxio para os usuarios.

Así, instaláronse dúas marquesiñas con banco e apoio isquiático, cada unha nunha marxe da estrada, e habilitáronse zonas de circulación peonil para acceder ás novas paradas: executando unha senda con pavimento de formigón pola marxe esquerda da vía; e ampliando, na marxe dereita, a plataforma con aglomerado en quente e posterior aplicación de capa de cor, que permite diferenciar a parte destinada á circulación peonil.

Ademais, para manter a continuidade da rede de drenaxe na marxe esquerda, colocouse un colector de PVC de diámetro 315 mm baixo a senda de formigón executada, ademais da execución de sumidoiros e pozos de rexistro.

A Xunta continúa traballando para mellorar os servizos de transporte público co fin de facilitar a mobilidade dos cidadáns.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas